Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Vimianzo seguirá a organizar o mercado do xoves tendo en conta o contexto sociosanitario actual


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, fai un chamamento ‘á responsabilidade’, e avanza que ‘o que primará por enriba de todas as circunstancias será garantir a seguridade da veciñanza’, reitera a rexedora.

O Concello de Vimianzo seguirá a organizar as Feiras dos xoves tendo en conta o contexto sociosanitairo actual. Así o comunicou a administración local en varias ocasións, xa que por riba de todos os intereses está o de garantir completamente a seguridade das veciñas e veciños do municipio.
Cabe destacar que a Policía Local elaborou un informe instando á administración local a seguir coa planificación actual.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asume que ‘non é unha localización ideal para a totalidade dos comerciantes, xa que algúns xa me trasladaron as súas inquedanzas, pero tamén é certo que a veciñanza acolleu de bo grado este cambio de localización. Agora, garántense en maior grado as condicións de separación e distanciamento, e isto é o que nos ocupa nestes momentos’, afirma a rexedora.
Por isto, a rexedora fai un chamamento ‘á responsabilidade’, e avanza que ‘o que primará por enriba de todas as circunstancias será garantir a seguridade da veciñanza’, reitera a rexedora. Cabe destacar que as feiras de verán son as de maior afluencia, e salvo que haxa protocolos que faigan indicar o contrario, esta
localización manterase. ‘Xa no mes de setembro volveremos a ubicar o mercado no espazo de sempre’, comentou Rodríguez.
Non podemos voltarlle a cara ao virus, e máis no contexto actual. Existe unha nova normalidade pero tamén estamos a observar algúns repuntes da COVID-19 nalgúns puntos da xeografía galega. É por isto que o Concello irá paso a paso coa organización das Feiras dos xoves, manténdose de momento a ubicación actual.
Desde a administración local considérase ‘a mellor solución para hoxe, pero non quere dicir que vaia ser permanente. Acabamos de pasar por unha pandemia a escala Mundial que todavía non está revertida, e pedimos o voso entendimento e a vosa colaboración’.